WordPress e a democratización do periodismo.

Últimamente todo o mundo ten unha plataforma, e WordPress ten parte da culpa.

Fai unhas cantas décadas o método máis eficiente para difundir os teus pensamentos era escribilos nun papel e deixalo nalgún lugar con algo de tráfico peonil, e a una forma de recibir feedback era cruzarse por casualidade con alguén que recollese o teu panfleto e houbera quedado tan contento (ou desgustado) que sentiu a imperiosa necesidade de buscarte e expresar a súa gratitude (ou desdén) cara o autor.

Non é disparatado decir que hoxe estamos a anos luz dese panorama.

A día de hoxe calquera persoa capaz de escribir en calquer idioma e con acceso á rede ten a súa disposición millóns de xeitos de compartir con centos de millóns de persoas o que sexa que teña dentro da cabeza nese momento. De feito, durante os primeiros anos da historia do internet, existían certas barreiras que impedían o acceso a certos canles de comunicación as persoas sen o know-how técnico necesario, o cal foi durante máis ou menos 20 anos o gran alivio dos periodistas. Todo iso cambiou ca proliferación de ferramentas coma WordPress, pese a que durante un tempo tamén resultaba algo inaccesibles, cada ano que pasa trae unha retahíla de plugins e actualizacións que van aplanando gradualmente a curva de aprendizaxe destes servizos.

Tanto é así que, en 2016, con 17 anos e 0 idea do que estaba facendo, fun capaz de crear e operar un blog de opinión relativamente funcional.

Todo grazas a WordPress, claro. De todos modos, grazas a todo o que é sagrado, ese sitio perdeuse no abismo virtual, e con el, as miñas opinións adolescentes sobre relixión, as corridas de toros e demais temas candentes que parecen tan importantes cando non tes que traballar para comer quente todos os días. Dito isto, agradezo moito a oportunidade expresiva que construín grazas a WordPress, axudoume a recuperar o gusto pola escritura nunha época complicada da miña vida, e grazas o desenvolvido naquel blog comecei a desenvolver habilidades que me resultarían moi útiles ao longo dos meus primeiros anos no mundo profesional.

Tamén é verdade que non todo é perfecto.

Por exemplo, a extrema dereita tivo un rexurdir moi pronunciado ao longo da pasada década, e os seus impulsores aproveitaron estes novos canles de comunicación para aumentar a súa capacidade de captación e o séu alcance. Claro que non lle voto a culpa a WordPress de que Geert Wilders “gañase” (entre comillas porque non chegou á maioría absoluta e seguramente prodúzase unha repetición do evento electoral, pero bueno, que me lío), pero é toda unha coincidencia que o xurdir da democratización dos medios periodísticos dixitales coincidera co momento nos que os novos líderes da política do medo estiveran na busca de novos canles de difusión para a súa diarrea verbal.

Que vamos, agradézolle moito a WordPress e ao mestrado da Uvigo esta oportunidade de crear un hub en forma de páxina web ao medio periodístico que levo anos querendo materializar, pero as veces dáme ganas de facer un buraco na parede a base de cabezazos o fácil que é hoxe en día escribir calquera broza e camuflala dentro de unha páxina web bonitiña.

Deixa un comentario